lunes, 2 de febrero de 2009

Animación á lectura


O departamento de grego ten a honra de estrear o expositor de libros que se acaba de colocar no hall do Instituto. E non un, senón varios expositores poderíanse encher cos estupendos e divertidos libros de que dispón, dos que aquí so ofrecemos unha pequena mostra.

Para os que prefiren as ilustracións, un par de comics sobre a Odisea e un Astérix nos Xogos Olímpicos. Para os que gustan da mitoloxía, "Jasón y los Argonautas" en DVD e en libro, e unha selección mitos en "mitos e lendas da vella Grecia". Para os lectores máis avezados e interesados na historia, unha novela sobre Alexandre Magno, "Alexandros", e un fantástico libro que segue os pasos de Heródoto, "Viajes con Heródoto". Para os artistas, "Cómo reconocer el arte griego", e para os que queren saber cómo é Grecia hoxe en día, unha guía visual con fermosas fotografías, e un libro delicioso, "Mi familia y otros animales", que narra a nenez dun neno inglés na Grecia de 1940.

Variedade e calidade. E todo á vosa disposición na Biblioteca do centro.

1 comentario:

  1. Noraboa, estaba esperando a "inauguración". Que guachi-chahi iso de ter expositores propios. Nós temos un para todos (que non todos para uno)Bicos

    ResponderEliminar