martes, 10 de febrero de 2009

O heroe homérico




O Heroe homérico: Aquiles e Héctor


“Oh Aquiles, eres fuerte por encima de todos los hombres, y cometes atrocidades más que nadie, pues los propios dioses te defienden siempre”

Canto XXI, 212


“A ella a su vez díjole el gran Héctor (….): He aprendido a ser valiente siempre y a pelear entre los primeros troyanos, tratando de alcanzar la gran fama de mi padre y la mía propia”

Canto VI, 440


Un dos aspectos máis destacados da Ilíada é a caracterización das personaxes principais. Resulta sorprendente apreciar a variedade de sentimentos que mostran, e as diversas facetas da súa personalidade.

Héctor e Aquiles son personaxes sobresaintes neste sentido. E non é menos chamativo o feito de que sexan parellos en virtude e valor (ρετή), ainda sendo de bandos opostos.

O heroismo móstrase como un reflexo da virtude do guerreiro, do seu valor, forza e habilidade. Esto é o verdadeiramente importante para acadar a gloria no combate e na vida, para ser recordado e polo tanto ser inmortal para as xeracións vindeiras.

Porque o heroe grego é, sobre todo, un home, con virtudes, defectos e debilidades. É un ser vulnerable aos sentimentos, fráxil ás veces, outras violento e cruel.

Para coñecer estos dous heroes, propóñoche a seguinte tarea, que se divide en varias partes:

1. Fai a xenealoxía de ambos heroes. Podes utilizar os diccionarios de mitoloxía da biblioteca (Grimal, Espasa...)

2. Lee os cantos I, VI, XVI e XXI. Baseándote nesta lectura, fai unha caracterización de ambos heroes, e xustifica a tua opinión con versos ou expresións concretas, citando canto e verso, ou páxina do teu libro.

3. Homero emprega con profusión a repetición de fórmulas, epítetos e símiles, que remiten ao oínte á vida real. Busca nos cantos sinalados algunha comparación ou símil entre Héctor ou Aquiles e animais, plantas ou fenómenos da Natureza.

4. Os pais de Aquiles trataron de que este non fose á guerra. Este cadro (que está no Museo de Belas Artes de Coruña, e que é unha copia do orixinal de Rubens que está no Prado) conta como Ulises desfixo a súa estrataxema. ¿Poderías explicalo?

5. Un gran rei posterior estivo moi influenciado por Aquiles. ¿Quen foi? ¿Cómo lle influiu Aquiles?

6. Busca algunha representación artística de ambos heroes e copiaa no traballo. Para orientarte, podes utilizar a “Guía iconográfica de Mitología” que está na biblioteca, e logo buscar a representación elexida en internet (por exemplo con google imaxes)

Podes presentar o traballo en papel ou nun lápiz de memoria, cunha extensión entre 2 e 4 páxinas. Valorarase tanto o contido como a presentación. Non esquezas incluir un apartado coa biliografía utilizada (tanto libros como internet).

No hay comentarios:

Publicar un comentario